PORTO DO SON> O concello de Porto do Son licitará nas próximas semanas a redacción do proxecto do futuro polígono industrial. Prevé habilitar 70 mil metros cadrados de chan empresarial na parroquia de Nebra.
Tras varios atrancos, cunha crise económica e unha pandemia que frearon a demandan de chan industrial, o concello agarda sacar adiante esta lexislatura o novo polígono de Porto do Son. Nas próximas semanas sacará a licitación a redacción do proxecto para crear uns 70 mil metros cadrados de superficie que permitan expandirse a empresas xa instaladas no municipio.
Ó tempo que se confeccionan as bases do concurso, o concello traballa xa na busca dun acceso alternativo ó contemplado no PXOM para reducir os custos, de xeito que non repercutan no prezo final do metro cadrado.
Unha vez redactado o proxecto, o concello iniciará as negociacións cos propietarios de Nebra para a compra dos terreos.