O pasado e o futuro da Ponte do Burgo chegan a unha mostra do Museo

Pontevedra>  Berce, camiño e luz, este é o nome da exposición sobre a Ponte do Burgo que o Edifico Sarmiento  do Museo de Pontevedra acollerá dende este venres ata o 28 de marzo. O obxectivo principal que persegue esta mostra é que a cidadanía coñeza de primeira man a historia desta ponte da cidade e o seu proxecto de reforma que está a piques de comezar.

Este venres o alcalde de Pontevedra inaugurará, no edificio Sarmiento do Museo, a exposición Berce, camiño e luz. Unha mostra realizada coa colaboración da Deputación e que ten como obxectivo achegar a historia e o futuro da ponte como un dos elementos patrimoniais máis importantes da cidade.

Unha iniciativa que se enmarca dento das accións de cara á futura restauración da ponte, programada para este mesmo ano, e que consistirá basicamente en dotala dunha plataforma única para a circulación peonil. Unha mostra que contará con 15 paneis e tamén con elementos orixinais atopados nas escavacións arqueolóxicas.

Unha mostra que Miguel Anxo Fernández Lores inaugurará este venres no claustro do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra, e que poderán visitar ata o 28 de marzo neste espazo da Boa Vila.