A EPA amosa unha baixada de 2,1 puntos do paro na provincia

Pontevedra> A enquisa de poboación activa deixa datos positivos para a provincia de Pontevedra no seu terceiro trimestre, cunha baixada do paro de 2,1 puntos en relación ao trimestre anterior. Con todo, dende UGT amosáronse preocupados polo notable aumento na taxa de contratos temporais. A enquisa de poboación activa deixa datos positivos para a provincia de Pontevedra cunha baixada do paro de 2,1 puntos en relación ao trimestre anterior. Dende o sindicato UGT din que esta enquisa debese avaliar como unha tendencia, non como datos reais, xa que se trata dun estudo realizado mediante enquisas. Dende este sindicato amosáronse preocupados polo notable aumento na taxa de contratos temporais. Dende este sindicato tamén teñen claro que estas cifras son positivas xa que recollen os contratos realizados nos meses de agosto, setembro e outubro, meses altos para o turismo e para o sector servizos. Dende UGT din que haberá que estar alerta aos datos que nos deixa este último trimestre do ano.