PONTEVEDRA> O antigo asilo da rúa Loureiro Crespo, en Pontevedra, continúa espertando interese entre a iniciativa privada. O concello recibiu estes días unha petición de información urbanística sobre esta parcela, e xa van tres. Neste caso, plantexouse a posibilidade de converter a antiga residencia de maiores nunha residencia de estudantes. Algo que, segundo o concello, sería viable.
Xa é a terceira consulta urbanística que o concello de Pontevedra recibe sobre o antigo asilo de anciáns da rúa Loureiro Crespo.
Dende o concello celebran o interese que está a xerar esta propiedade. Aínda que matizan que de abrirse aquí unha residencia sería de promoción privada, recoñecen que sería bo que o edificio recuperara a actividade.
A residencia de anciáns, que xestionaba a congregación de Hermanitas de los Ancianos Desamparados, está pechada dende o ano 2012.











