A praza circular do cruzamento de Benito Corbal e Daniel de la Sota xa está aberta aos peóns

PONTEVEDRA> Aberto ao paso peonil a praza circular do cruce de Benito Corbal e Daniel de la Sota, en Pontevedra. Xa poden transitar os peóns, pero dende o concello calculan que aínda faltan unhas tres semanas para dar a obra por rematada. Está pendente mudar o pvaimento nas esquinas das interseccións.

O cruzamento entre Benito Corbal e Daniel de la Sota volve estar aberto ao paso de peóns. Despois de dous meses rodeado polo enreixado, xa está á vista a praza circular que protagonizará este espazo.

Xa está aberta ao paso, pero dende o concello calculan que quedan unhas tres semanas para que a obra estea completamente rematada.

O que non variará será o sentido do tráfico. A praza de pavimento de formigón puído será de preferencia peonil, pero seguirá estando permitido o paso de vehículos.

A obra complicouse ao detectar un pozo deteriorado na rede de saneamento que producía filtracións na contorna. Ante esta situación, o concello decidiu renovar 42 metros de tubaxe nun novo trazado, o que obrigou a retrasar o final da intervención.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí