LOUSAME> O investimento irá destinado, na maioría dos casos, á melloras de viais. Ás portas da casa consistorial, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foi recibido pola alcaldesa, Teresa Villaverde, así como tamén outros membros da corporación municipal. Esta era a primeira visita que o presidente provincial realizaba a este municipio, e tiña coma principal finalidade coñecer as obras levadas a cabo neste último ano, e que foron financiadas con cargo ó Plan Único cun investimento total de máis de 743 mil euros. Trátase, na maioría dos casos, de obras de mellora de viais, coma a realizada no camiño ó complexo medioambiental de Servia ou no de Crons á Igrexa de Camboño. Durante a visita, o presidente e a alcaldesa visitaron tamén o aceso a Berrimes, xa renovado, e os parque infantís de Portobravo e Escabia, mellorados tamén con cargo a outros plans da Deputación, como tamén o foron os os acondicionamentos dos locais sociais de Aldea Grande, Béxeres, Vilacova, Escabia e Lesende. A rexedora aproveitou a presenza do presidente provincial para pedir tamén o seu apoio para dous proxectos como son o arranxo da estrada de Comparada a Ponte Beluso e unha nova fase da estrada de Portobravo ó Confurco, pasando por Aldea Grande e Chave. O presidente provincial informou tamén de que este mesmo mes xa se iniciaron os trámites de expropiacións para a ampliación e mellora da DP-4.201 en Aldea Grande, cun presuposto de 304 mil euros e tamén se levou a cabo o inicio do proceso das expropiacións necesarias para a construción dunha nova ponte sobre o rego Pesqueira, na estrada DP-4.202 de Aldea Grande ó Couto cun orzamento de 267 mil euros.
Inicio Barbanza - Muros - Noia