Recuperan o terceiro dos canóns achados hai varias semanas fronte a Corrubedo

RIBEIRA> A Garda Civil investigou a cinco persoas, catro homes e unha muller, por estes feitos. Segundo informaron fontes policiais os agora investigados presuntamente espoliaron esta peza de bronce datado do século XVI e despois a agocharon. Sabedores de que a estaban buscando, finalmente decidiron entregala voluntariamente. A Garda Civil acúsaos dun presunto delito contra o patrimonio histórico.

Está previsto que o canón sexa trasladado, xunto ós outros dous, ó Museo do Mar de Galicia, en Vigo, onde está previsto que se acometan os traballos de restauración.

As dilixencias foron postas xa a disposición do Xulgado de Primeira Instancia Número 1 de Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí