A Pontevedrada deste ano, aprazada polo coronavirus

PONTEVEDRA> Aprazada a Pontevedrada como medida preventiva para frea-lo coronavirus. Con todo, a organización mantén aberto o prazo de inscrición. Din que en canto pase a crise sanitaria fixarán unha nova data para celebrar este evento solidario.

A Pontevedrada íase celebra-lo vindeiro 25 de abril. Pero, en cumprimento do estado de alarma, a ASAMPO, a Asociación de Amigos da Pontevedrada, decidiu toma-la decisión de apraza-la edición deste ano.

Entre outros motivos, pola gran cantidade de persoas que asisten habitualmente a este evento solidario, o que aumenta o risco para a saúde pública.

Dende a organización indican que tódalas persoas inscritas ata o momento neste décima edición conservarán as súas inscricións.

Ademais, o prazo para anotarse neste evento solidario continúa aberto.

En canto a actual situación remate, ASAMPO marcará unha nova data para face-la Pontevedrada deste ano.