A Ferrería énchese de flores co seu tradicional mercado na véspera de Defuntos

Pontevedra> A praza da Ferrería encheuse de flores na véspera ao día de Defuntos co seu tradicional mercado. 53 postos estiveron ao longo de todo o día nesta céntrica praza da cidade ofrecendo variedade de plantas, flores e centros. O cristantelmo continúa sendo a flor máis demandada de cara ao 1 de novembro. Moito ambiente e moita cor puidemos ver esta mañá na Praza da Ferrería, un lugar onde como manda a tradición, acolle o Mercado das Flores no día de defuntos. Unha cita que a cidadanía de Pontevedra e de concellos limítrofes non se perden ano tras ano. Moitos buscan a flor de sempre e outros botan un ollo ás novidades deste ano. 53 postos conformaron este Mercado das Flores, un espazo onde moitas familias e particulares aproveitan a ocasión para amosar a súa arte na montaxe de centros florais. Neste mercado das flores podémonos atopar de todo un pouco, e aínda que a estrela da xornada de defuntos é o cristantelmo, dende os postos ofrecen variedade, centros e flores para todos os gustos e estilos. Aínda que na variedade está o gusto, estas profesionais da arte floral saben que o 1 de novembro non é un día para experimentar. Ao longo de toda a xornada, a Praza da Ferrería contou, acolleu un ano máis este tradicional Mercado das Flores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí