O Concello de Pontevedra quere recuperar “a imaxe maxestuosa e nobre” da Alameda de Sesmero

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra quere recuperar a imaxe “maxestuosa” e nobre que tiña á Alameda de Sesmero na segunda metade do século XIX. Ese é un dos obxectivos que se marca a concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural para este mandato. O proxecto porase en marcha nos vindeiros días e contará cun orzamento de case 18.000 euros.

O  goberno municipal quere revalorizar esta zona da cidade. Para facelo, porá en marcha nos vindeiros días un plan de mellora paisaxística co obxectivo de devolver á Alameda de Sesmero a imaxe “nobre e maxestuosa” do século XIX.

As primeiras actuacións do goberno municipal centraranse na cabeceira norte. Aquí plantaranse carballos do país e tilos de folla pequena.

O obxectivo do goberno local é mellorar tamén os bancos e a iluminación de toda a Alameda. O proxecto porase en marcha nos vindeiros días e contará cun orzamento de case 18.000 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí