Pontevedra despídese de Estrasburgo cun encontro co Congreso de Autoridades Locais

ESTRASBURGO> Pontevedra pechou hoxe a súa axenda en Estrasburgo. A delegación da cidade celebrou un encontro con responsables do congreso de autoridades locais, organismo do Consello de Europa. Entre as súas funcións, está a de analizar a postura das cidades sobre o cambio climático. Un eido no que Pontevedra pode ser un exemplo.

A delegación do concello de Pontevedra aproveitou hoxe as súas últimas horas na cidade de Estrasburgo. O alcalde e o tenente de alcalde mantiveron un encontro coa responsable do congreso de autoridades locais, Marité Mora. Un órgano que forma parte do Consello de Europa.

Na reunión, ambas partes intercambiaron proxectos de futuro e o camiño xa andado. Pontevedra ofreceuse, ademais, para asistir ás citas que puideran xurdir para abordar estas cuestións.

E é que Pontevedra está convencida de que ten moito que achegar no debate sobre o papel das cidades e o cambio climático.

Nesta última xornada en Estrasburgo, a delegación pontevedresa mantivo tamén un encontro institucional co tenente de alcalde da cidade, Joel Steffen. Inicialmente a reunión ía ser coa alcaldesa, pero tivo que ser suspendida por enfermidade da rexedora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí