A Universidade destinará o seu espazo no edificio de Benito Corbal ao Campus Crea

Pontevedra> Esta mañá o vicepresidente da Xunta presentoulle ao reitor da Universidade de Vigo o proxecto de reforma do edificio Benito Corbal. Un edificio que contará con 1600 metros cadrados e 4 plantas destinadas á Universidade. O reitor dixo esta mañá que estes espazos serán a sede principal do Campus Crea, o proxecto de especialización da universidade en Pontevedra. 4 plantas e 1600 metros cadrados están destinados á Universidade dentro do proxecto de reforma da antiga delegación da Xunta de Galicia en Benito Corbal. Esta mañá o vicepresidente da Xunta presentoulle este proxecto ao reitor da Universidade de Vigo. Rueda confirmou unha vez máis os prazos e volveu a lembrar que este espazo estará rematado para o primeiro trimestre do 2019. O reitor pola súa banda debullou o contido ao que se vai a destinar estas catro plantas, da quinta á oitava, que se converterán na sede do Campus Crea, o proxecto de especialización da universidade en Pontevedra. A quinta planta será un showroom. O sexto andar estará centrado no emprendemento E a sétima e a oitava planta estarán adicadas á parte académica, de investigación e de xestión do Campus Crea. Un espazo, estas catro plantas, onde traballarán diariamente entre 50 e 80 persoas. Dende a Universidade estiman un movemento diario de usuarios que, en ocasións puntuais, podería chegar ás 500 persoas.