PONTEVEDRA> Os nomeados aos Premios Feroz 2026 anunciáronse esta mañá en Pontevedra. Os actores Manu Ríos e Milena Smit foron os encargados de ler as candidaturas de cada categoría dende o vestíbulo da Casa Consistorial. Los Domingos é o filme que acumula máis nomeamentos, ata 9. Sobre ás series, destacan os seis de Poquita fe e Superstar. A gala de entrega de premios celebrarase na cidade o vindeiro 24 de xaneiro.
As películas Los Domingos, con nove nomeamentos, e Maspalomas e Sirat con sete cada unha, e as series Poquita Fe e Superstar con seis, son as producións con máis candidaturas aos premios Feroz do 2026.
Pontevedra continúa como anfitrioa destes galardóns. Hoxe a Casa Consistorial acolleu o acto no que se anunciaron estes nomeamentos. Unha presentación que correu a cargo dos actores Manu Ríos e Milena Smit.
A gala de entrega celebrarase o 24 de xaneiro do 2026 no Pazo da Cultura pontevedrés. Pero estes nomeamentos deixaranse notar na programación previa que encherá a cidade de propostas.
Dende o concello, reafírmanse á hora de considerar como un acerto esta aposta polos Premios Feroz, polo audiovisual e pola cultura.
Os premiados nas 21 categorías dos premios coñecerémolos na gala do 24 de xaneiro. Estará dirixida pola artista Samantha Hudson e polos actores Antonio Durán Morris, Petra Martínez e Elisabet Casanova.










