O PSOE de Rianxo insiste na necesidade dunha reforma integral na escola infantil

RIANXO> Xa en agosto, o Partido Socialista propuxéralle ó equipo de goberno a posibilidade de investir  parte dos fondos do Plan de Obras e  Servizos da Deputación da Coruña correspondente a este ano na mellora integral das instalacións, para darlle así solución ás graves deficiencias existentes no edificio, tanto a nivel estrutural como tamén en materia de seguridade, moitas veces demandadas pola comunidade educativa do centro.

Para os socialistas as actuacións realizadas polo Concello ata o de agora son apenas parches, e non solucionan as necesidades reais que presentan as instalacións a día de hoxe.

De aí que lle pidan ó goberno local que se sente a negociar co Consorcio unha posible remodelación integral do edificio.

Para o PSOE rianxeiro este é un exemplo máis da falla de planificación do equipo de goberno, que carece a día de hoxe dun proxecto de Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí