Os alcaldes do PP desmárcanse do cumio pola sanidade convocado por Fernández Lores

PONTEVEDRA> Ao cumio celebrado esta mañá en Pontevedra non asistiron alcaldes nin voceiros do Partido Popular. Antes do encontro fixaron a súa postura: non comparten nin as formas nin o fondo da convocatoria feita polo rexedor Miguel Anxo Fernández Lores.

En canto á forma, critican que se fixera por carta e sen buscar ningún pacto sobre a data. María Ramallo recordou que varios alcaldes non están agora mesmo en Galicia, xa que a convocatoria coincidiu coa inauguración da Feira Internacional de Turismo de Madrid.

Consideran, ademais, que o foro axeitado para tratar a problemática da sanidade pública será a reunión fixada pola Consellería de Sanidade para o vindeiro 26 de xaneiro.

Ademais da alcaldesa mariñense, non asistiron ao cumio encabezado por Fernández Lores os rexedores populares de Campo Lameiro, Moraña, Cerdedo-Cotobade, Soutomaior, A Lama, Portas e Sanxenxo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí