Mesas redondas, obradoiros e visitas para desfrutar, aínda máis, de “Galaicos”

[

PONTEVEDRA> Case 3.000 persoas visitaron, durante o mes de outubro, a exposición “Galaicos. Un pobo entre dous mundos”. Unha mostra dispoñible no Sexto Edificio e que está a superar todas as expectativas depositadas nela. Por iso, a Deputación anunciou esta mañá novas actividades que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses e que estarán enmarcadas nesta exposición do Museo.

2.804 persoas visitaron, no mes de outubro, esta exposición. “Galaicos. Un pobo entre dous mundos chegou ao Museo de Pontevedra o pasado día 4 e, dende entón, non parou de esperar un gran interese entre a poboación.

Ante este éxito de visitas, a Deputación de Pontevedra anunciou esta mañá unha serie de actividades complementarias que se levarán a cabo nos vindeiros meses. Mesas redondas, un programa radiofónico, obradoiros para todas as idades e visitas guiadas á exposición, así como aos xacementos arqueolóxicos da provincia. A todo isto hai que sumar un menú galaico.

Para por o broche de ouro a esta exposición, a institución provincial levará a cabo un acto de clausura, previsto para o día 2 de febreiro, no que haberá música e diversas actividades que están aínda por descubrir.