O PP de Pontevedra acusa ao BNG de nepotismo por adxudicar contratos a persoas afíns ao seu partido

PONTEVEDRA> O PP de Pontevedra denunciou hoxe 4 novos contratos do BNG. Os populares acusaron aos nacionalistas de “clientelismo e nepotismo” ao adxudicar contratos menores do Concello a persoas afíns a este partido.

O PP de Pontevedra volve a acusar ao BNG de clientelismo e nepotismo. Os populares denunciaron hoxe novos contratos adxudicados polos nacionalistas a persoas e asociacións afíns a este partido. Por unha banda, un contrato en publicidade para a Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, por un importe de máis de 2.400 euros; así como tamén outros 6 a Ana Seoane, a número 21 do BNG nas últimas eleccións locais, por un valor de máis de 48.000 euros. Ademais, o PP tamén fixo referencia a outro contrato de máis de 7.000 euros a Manuel Domínguez Rey, responsable comarcal do BNG no Salnés; e, por último, outros dous contratos de case 20.000 euros a Roberto Rivas Reboredo, tenente de alcalde de Barro.

En total, todos estes contratos superan os 100.000 euros e os populares xa anunciaron que seguen investigando máis documentos.

Os populares estudarán nos vindeiros días os seguintes pasos a dar en relación a estes contratos.