O Xantar do Maior de Ribeira celebrarase o 3 de decembro na Fieteira

    RIBEIRA> Xa se poden retirar as entradas para o Encontro dos Maiores de Ribeira que se desenvolverá o tres de decembro no pavillón municipal da Fieteira. Os interesados en reservar a súa praza poden facelo nas oficinas de recadación do concello. Como cada ano, os maiores terán o seu día grande en Ribeira. Será o domingo tres de decembro cando máis de mil persoas volvan reunirse no pavillón da Fieteira para desfrutar dun xantar de confraternidade. Previamente, haberá unha misa cantada na igrexa parroquial. O menú estará composto por un marisco, un peixe e unha carne, así como postre e bebida. Ó remate celebrarase o baile amenizado por un conxunto musical. O prezo do cuberto é de 16 euros. Para a reserva de praza, os solicitantes deberán acreditar a súa condición de xubilados. Terán prioridade os empadroados en Ribeira aínda que se quedan prazas libres poderán asistir cidadáns doutros concellos. O aforo é de mil cen asistentes.