José Cardalda volverá ‘rodar’ por toda España contra o cancro

RIBEIRA> Novo reto para o moteiro José Cardalda que este sábado emprenderá unha ruta en moto por tódalas provincias de España. Durante quince días percorrerá máis de sete mil quilómetros cun único obxectivo: recadar fondos para a investigación contra o cancro. A investigación contra o cancro ten un firme aliado en José Cardalda. Tras sufrir en propias carnes o mazazo da enfermidade este ribeirense decidiu emprender unha orixinal campaña para reacdar fondos. Tras percorrer tódolos concellos de Galicia a lombos da súa moto iniciará este sábado unha xira por toda España. Quince días rodando, cunha media de seis a oito horas diarias, e non exenta de riscos como as condicións climatolóxicas ou o estado das estradas. Paralelamente ó proxecto Rodando contra o cancro, no que se solicitará a colaboración de tódolos concellos, a plataforma xurdida en torno a este movemento leva organizadas catro campañas de crowfunding, agora xa está en marcha a quinta, coa que xa recadaron vinte e sete mil euros. Todas aquelas persoas interesadas en colaborar poden facelo a través da web rodandocontraelcancer.com.