BOIRO> O concello de Boiro pon en marcha a cuarta edición do Programa Integrado de Emprego. Este ano estará destinado exclusivamente a mulleres desempregadas e conta coa colaboración do concello da Pobra.
Cen mulleres beneficiaranse desta proposta formativa, promovida conxuntamente polos concellos de Boiro e da Pobra, e financiada pola Xunta de Galicia.
Desenvolverase ó longo de todo o ano combinando formación teórico práctica así como presencial e online. Componse de catro itinerarios formativos que se caracterizan pola súa flexibilidade, pudendo adaptarse ó perfil das participantes ou mesmo ás necesidades das empresas.
Para participar no programa, que se atopa xa en pleno proceso de selección das candidatas, deben inscribirse como demandantes de emprego solicitando a asignación do código 930.