Arranca a campaña cara ás eleccións xerais

PONTEVEDRA> Hoxe arrancou oficialmente a campaña electoral. Os líderes dos diferentes partidos e os candidatos ao Congreso e ao Senado celebraron a pasada noite a tradicional pegada de carteis na Alameda de Pontevedra. Un acto que abriu o camiño cara as eleccións xerais do 28 de abril.

Esta acción simboliza o inicio da campaña electoral. A tradicional pegada de carteis celebrouse esta noite na Alameda de Pontevedra. Ao acto acudiron os líderes políticos dos diferentes partidos e decenas de simpatizantes. Tamén asistiu un grupo de profesionais sanitarios dos PAC que quixeron estar presentes para defender a mellora das súas condicións laborais. Na pegada de carteis non estiveron os representantes de Cidadáns, Vox e En Marea. Aínda que os líderes deste último partido si que fixeron unha pegada virtual pola tarde.

Esta mañá saímos á rúa para saber a opinión dos pontevedreses sobre esta campaña electoral e sobre ás próximas eleccións xerais do 28 de abril.