Pontevedra> Traballadores do sector xudicial de Pontevedra e representantes de todos os sindicatos con representación entre o persoal dos edificos xudiciais, se mobilizaron esta mañá ás portas dos xulgados da Parda e da Audiencia Provincial.O obxectivo desta concentración pedir mellorar laborais e equiparación con outras comunidades. Os días 1 e 13 de xaneiro xa teñen aprobada unha folga xeral en toda Galicia. As principais demandas que realizan os traballadores do sector xudicial céntranse en cinco puntos. O primeiro a petición dun aumento do complemento autonómico transitorio. Ademais tamén solicitan que se eliminen os descontos nas baixas, que se pare a amortización de 106 prazas e que se consoliden os reforzos que levan entre 10 e 15 anos na administración de xustiza. Dende este sector xa teñen convocados dous días de folga, os días 1 e 13 de decembro, e de non chegar a un acordo na última semana de xaneiro do 2018 irían a unha folga indefinida. Na provincia de Pontevedra entre xestores, tramitadores, médicos forenses e axiliares, son 1100 os traballadores afectados. A mobilización desta mañá asistiron 120 persoas nos xulgados da Parda e 56 na Audiencia Provincial.
Inicio PONTEVEDRA