Pontevedra> Esta mañá o concelleiro de Economía e a tentente de alcalde reuníronse co voceiro do PSOE para analizar o borrador dos orzamentos para o 2018. Agustín Fernández di que con estas contas, onde non se ve reflexado o seu partido, dificilmente votarán a favor. O voceiro socialista presentou esta mañá unha serie de propostas e de momento non impón ningún tipo de liña vermella. Se onte o concelleiro de Economía e a tenente de alcalde se reuniron co PP hoxe tocoulle a quenda ao PSOE. O voceiro dos socialistas en Pontevedra dixo que non se senten reflexados no borrador que lle presentaron dende o Goberno Local, por iso de momento, non contarán co apoio do PSOE. Ante estas contas dnede o PSOE presentan unha proposta de bases para negociación que pasa por dúas materias, ingresos e gastos. No capítulo de ingresos solicitan a aprobación da taxa de telefonía móbil e a bonificación en algúns impostos para determinados sectores da poboación. No capítulo de gastos solicitan a realización dun estudo para a implantación das vías sanitarias, a aplicación de medidas activas e reactivación económica, o incremento da plantilla de traballadoras sociais e o reequilibrio territorial. Con todo, dende o PSOE cren que dende o Goberno Local xa atoparon o seu aliado coa Marea de Pontevedra. Dende o PSOE non impoñen ningún tipo de liña vermella e están dispostos a sentarse a negociar sempre e cando se teñan en conta as súas propostas.
Inicio PONTEVEDRA