Importante despregamento no simulacro ambiental do Porto de Vilagarcía

    VILAGARCÍA> O Porto de Vilagarcía realizou un importante simulacro de contaminación ambiental. Este tipo de exercicios axudan a establecer unha liña de acción no caso de que se produza unha situación similar na realidade. Un suposto no que dous buques chocan a altura da escolleira de Ferrazo, ese foi o caso práctico no que traballaron operarios dos diferentes organismos implicados, no caso de que un caso así acontecese. Dende o centro de control de emerxencias da Autoridade Portuaria, no que estiveron presentes diferentes representantes dos equipos de emerxencias, Autoridade Portuaria e Intecmar, seguiuse o desenrolo de esta actividade. Esta actividade desenrolouse dende as 10:00 horas ata as 12:20 da mañá. Ao remate da actividade todos os corpos implicados participaron nunha reunión para valorar o exercicio; que o cualificaron como positivo.