O Concello de Pontevedra esixe un plan de rescate “estrutural” para paliar as consecuencias da Covid

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra demandou hoxe á Xunta de Galicia un plan de rescate para paliar as consecuencias da Covid. O goberno local cre que é fundamental que cada unha das administracións, tanto a Xunta, como as Deputacións e os Concellos, aporten o mesmo porcentaxe dos seus respectivos orzamentos.

Un plan de rescate para paliar as consecuencias da Covid. Iso foi o que esixiu hoxe o Concello de Pontevedra á Xunta de Galicia. A situación sanitaria continúa empeorando en toda a nosa comunidade e por iso o goberno local cre que chegou a hora de dar un paso adiante na recuperación económica.

Segundo Anabel Gulías, neste plan de rescate deberían participar tanto a Xunta de Galicia, como as Deputacións e os Concellos. Ademais, o goberno local entende que as achegas destas tres administracións deberían ser proporcionais.

O Concello de Pontevedra cre que este plan de rescate deberá ser “inmediato” pola situación “agonizante” que se está a vivir en toda a comunidade e, en especial, no sector servizos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí