O Banco Peregrino ofrece descanso e información aos camiñantes ás portas do albergue de Pontevedra

PONTEVEDRA> O Banco Peregrino xa está instalado no albergue de Pontevedra. Trátase dun dos 150 que están distribuídos por diferentes puntos do Camiño de Santiago. Ademais do obvio, de ser un elemento do mobiliario no que poder descansar, estes bancos están equipados con códigos QR que ofrecen todo tipo de información de interese.

Pode parecer un simple elemento do mobiliario do albergue de peregrinos de Pontevedra, pero este banco é moito máis.

O deseño recórdanos inequívocamente aos sinais que marcan o trazado do Camiño de Santiago. É esta pequena placa cun código QR a que fai do banco un punto de información moi interesante para o peregrino.

A día de hoxe hai xa 150 instalados en diferentes puntos do Camiño de Santiago. Tanto dentro como fóra de Galicia.

Estes Bancos Peregrinos pretenden ser un elemento máis para facilitar o traxecto aos camiñantes que se dirixen a Compostela polas diferentes rutas xacobeas. Que a día de hoxe gozan dunha excelente saúde.

Ademais destes bancos, a empresa instala tamén Fontes do Camiño. Elementos que, ademais de ofrecer auga ao peregrino, cumpren esta función de punto de información.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí