Pontevedra> Dende o PP de Poio denunciaron a situación na que se atopa a parroquia de San Salavador. Concretamente Ángel Moldes pediu ao Goberno Local que se cumpran os requisitos de accesibilidade nesta zona, xa que os pacientes ingresados no Hospital da Mercé que están en cadeira de rodas, non poden facer nada no seu dia a día ao atoparse con numerosas barreiras arquitectónicas.
Dende o PP de Poio quixeron facer visible nesta xornada a realidade que teñen que pasar moitos dos pacientes que se atopan ingresados no hospital da Parroquia de San Salvador. Con esta rolda de prensa dende o PP solicitan así, e unha vez máis, que o concello cumpra cos requisitos de accesibilidade.
Dende o PP consideran que os representantes públicos debería de escoitar moito máis aos seus veciños.
Dende o PP e familiares de pacientes deste hospital solicitan que se escoite aos veciños. Xa que unha persoa con cadeira de rodas atópase cun sinfin de barreiras arquitectónicas nesta zona do concello, unhas barreiras que lle imposibilitan facer unha vida normal.
Con todo, dende o PP, agardan que estes feitos cheguen canto antes ao Goberno Local e se axilicen as medidas necesarias para facer da accesibilidade na parroquia de San Salvador unha realidade o antes posible.