Pontevedra> O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe os orzamentos para o ano 2018. 14 votos a favor, 12 en contra e unha abstención permitiron darlle o visto bo a estas contas. 156,9 millóns de euros é a cifra exacta destes orzamentos. Dende o Goberno consideran que se trata dun gran orzamento para a provincia mentres que dende as filas populares din que por primeira vez con máis cartos se fai menos por Pontevedra. Orzamentos aprobados para o 2018. Sobre a mesa pouco máis se dixo que o que xa coñeciamos ata o momento. O Goberno Bipartido aprobou cos seus votos a favor estes 156,9 millóns de euros para executar ao longo do 2018. Unhas contas que cualificaron de excelentes para a provincia de Pontevedra. Pola súa banda dende as filas populares dixeron que se tratan duns orzamentos valeiros de contidos e que se fixeron de costas aos concellos da Provincia. Dende o PP dixeron que por primeira vez na historia da Deputación de vai a facer tan pouco con máis diñeiro, e isto segundo Elena Muñóz, se debe a unha falta de organización e improvisación absoluta. Dende o Goberno socialista recriminaron aos populares que non se estudaran estes orzamentos, antes os cales, cabe dicir, que o PP non presentou ningún tipo de emenda. Tras o debate que mantiveron entre Elena Muñóz e López Font, o BNG non interveu en ningún momento no pleno de hoxe, chegou o turno das votacións, con 14 votos a favor, 12 en contra e unha abstención, os orzamentos da deputación para o 2018 quedaron aprobados neste pleno extraordinario.
Inicio PONTEVEDRA










