A senda do litoral de Poio e a Illa de Tambo, entre os compromisos do BNG

POIO> A candidata do Bloque Nacionalista Galego fixo parada esta mañá en Poio. Dende a praia da Cabeceira, Carme da Silva reclamou a finalización do paseo de Lourido ata a Ponte da Barca e a recuperación para uso público da Illa de Tambo. Dúas demandas históricas que se comprometeu a defender no Congreso dos Deputados se o BNG recupera a representación na cámara.

A recupe ración das rías galegas en xeral e da de Pontevedra en particular, é un dos piares do compromiso do BNG nesta campaña electoral. Así o defendeu esta mañá a candidata pola provincia pontevedresa dende a praia da Cabeceira, en Poio. Para este concello, Carme da Silva esixiu a finalización do paseo de Lourido ata a ponte da Barca.

No 2009, as negociacións do BNG no Congreso conseguiron incluír unha partida económica nos orzamentos para redactar un proxecto de acondicionamento e construción da senda. Así as cousas, a iniciativa quedou paralizada definitivamente no 2015, despois de que os nacionalistas perderan representación en Madrid.

Outra das demandas históricas é a recuperación da Illa de Tambo para uso público.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí