Os Reis Magos enchen de maxia e ilusión todos os barrios e parroquias de Pontevedra

PONTEVEDRA> A pesar de todas restricións da Covid, os Reis Magos conseguiron achegarse hoxe ata Pontevedra. As Súas Maxestades de Oriente querían ver a todos os nenos e nenas da cidade e por iso organizaron unha cabalgata diferente. Melchor, Gaspar e Baltasar animaron hoxe todas as rúas dos diferentes barrios e parroquias.

Con motivo da Covid, Pontevedra non celebrou este ano a súa tradicional cabalgata de Reis e tampouco puido acoller a recepción das Súas Maxestades de Oriente no Pazo Mugartegui. Pero Melchor, Gaspar e Baltasar non se querían quedar sen visitar a todos os nenos e nenas da cidade e por iso fixeron todo o posible para achegarse hoxe á  Boa Vila. Fixérono cunha cabalgata “deconstruída” que percorreu todos os barrios e parroquias do Concello.

Para garantir todas as medidas de seguridade, os Reis Magos estaban acompañados da Policía Local. Os axentes foron os encargados de facer soar as sirenas para que todos os nenos puidesen gozar da visita das Súas Maxestades.

A Praza de Galicia foi o único lugar onde os Reis Magos fixeron unha parada. Melchor, Gaspar e Baltasar foron recibidos polo alcalde de Pontevedra. Tras a visita, Miguel Anxo Fernández Lores confesounos que foi o que lles pediu de regalo ás Súas Maxestades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí