O paso de ‘Ana’ deixa un regueiro de incidencias menores no Barbanza

    BOIRO> O temporal tamén deixou esta pasada noite un regueiro de incidencias no Barbanza, aínda que a maioría delas sen consideración. As rachas de vento, que nalgún caso chegaron a superar os cen quilómetros por hora, provocaron a caídas de árbores en numerosos puntos da comarca. O paso do temporal Ana por Barbanza deixou un regueiro de incidencias, aínda que por fortuna ningunha de consideración. Aínda así o persoal dos parques de bombeiros de Boiro e Ribeira, así como as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de cada concello, estiveron alerta durante toda a xornada, realizando varias saídas, principalmente para a retirada de arbores caídas nas estradas que impedían a circulación de vehículos. Tamén as fortes precipitacións provocaron anegamentos nalgunhas estradas polo que os efectivos de emerxencias tiveron traballo arreo para dar solucionado todos estes incidentes. Outro problema tamén significativo foron os cortes de luz rexistrados na práctica totalidade de concellos, con numerosas avarías no tendido eléctrico, o que supuxo que moitos veciños estiveran sen servizo durante horas.