O plan de limpeza de dársenas recolleu 24560 kilos de residuos no 2017 nas Rías Baixas

Pontevedra> Esta mañá o Presidente de Portos de Galicia presentou o balance da cuarta edición do plan de limpeza de dársenas na nosa comunidade. Un plan que actuou neste 2017 en 5 concellos da provincia de Pontevedra. Nas Rías Baixas recolléronse máis de 24 560 quilos de residuos. Para Portos de Galicia esta liña de actuación é fundamental para o benestar das nosas augas. O presidente de Portos de Galicia fixo público que o día 14 de xuño será aplicable na nosa comunidade a primeira Lei de Portos autonómica, unha lei para a xestión e administración portuaria que xa foi publicada no Diario Oficial de Galicia. Unhas declaracións que Durán realizou durante a presentación do balance do plan de limpeza de dársenas 2017. Un plan que neste ano cumpre a súa cuarta edición, e que o presidente, considera imprescindible e fundamental na actualidade. Durán quixo lembrar, que o plan de limpeza de dársenas non é unha dragaxe, senon que aqui se realiza unha recollida selectiva de residuos. No 2017 este plan estivo activo en cinco portos da provincia: en Cesantes, Baiona, Bueu, Meloxo e Vilanova. O presidente dixo esta mañá que para Portos de Galicia esta liña de traballo é fundamental. Un plan que busca, sobre todo, tres obxectivos: melloras a seguridade nas augas internas, protexer a fauna mariña, reforzar a sostibilidade ambiental.