A Denominación de Orixe Rías Baixas crece no mercado exterior

PONTEVEDRA> A Denominación de Orixe Rías Baixas mellora o seu posicionamento no mercado internacional. As exportacións creceron no ano 2018 un 9,32% en volume e máis dun 10% en valor. Unhas cifras que demostran o traballo constante das bodegas pola inversión no exterior.

109 bodegas están, neste momento, vendendo o seu viño a 70 países do mundo. Uns datos que demostran o crecemento que, tanto en valor como en volume, sufriu a Denominación de Orixe Rías Baixas no último ano.

Dentro dos principais destinos de Rías Baixas destacan Estados Unidos, Reino Unido, Puerto Rico, Holanda ou incluso Rusia. O que demostra que as bodegas destinan unha importante parte dos seus recursos -materiais e humanos- para achegar os seus viños ao mercado exterior.

Estas cifras poñen de manifesto a importancia que ten a Denominación de Orixe Rías Baixas nos mercados internacionais.

Rías Baixas conseguiu vender máis e máis caro nos mercados internacionais durante o ano 2018. E de cara o futuro, a Denominación camiña a seguir crecendo no exterior.