Poio recibirá as Súas Maxestades cunha Cabalgata na tarde do 5 de xaneiro

Pontevedra> O concello de Poio contará no 2018 cunha cabalgata de Reis. Esta é a principal novidade que presentaron esta mañá. Na mañá do 5 de xaneiro as súas Maxestades farán o tradicional percorrido polas parroquias do concello, con parada en diversos centros sociais. Xa pola tarde dende as seis ás sete, unha carroza acompañada de moita animación, percorrerán as rúas do concello dende a Avenida de San Xoán ata a Avenida da Porteliña. As súas maxestades os Magos de Oriente chegan con moitas novidades ao concello de Poio, entre elas coa celebración dunha cabalgata de Reis. Onde as súas maxestades irán acompañadas de moita animación polas rúas do concello. No percorrido sairán ás 18:00 da avenida de San Xoán, en Costa Albar, para chegar ás 19:00 a Avenida Porteliña, no Adro San Salvador. Dende o concello animan a todos os veciños a que participen desta iniciativa, que encherá de luz e son as rúas do concello nunha tarde tan especial e máxica como a do 5 de xaneiro. As súas maxestades tamén farán un percorrido polas parroquias do concello de Poio e será pola mañá. Partirán ás 11 da mañá de Ballesol, pasarán por Campelo, Lourido, Combarro, o centro de día Saraiba, por Arén, por Raxó con chegada ás 12:42 á Seca. Os veciños do concello de Poio terán un 5 de xaneiro repleto de visitas dos Reis Magos por todo o municipio.