O concello de Boiro completará o abastecemento na parroquia de Bealo

BOIRO> O Concello de Boiro ven de asinar o contrato da segunda fase de abastecemento na parroquia de Bealo. Con esta actuación dará servizo a máis de setecentos veciños de sete núcleos de poboación.

Tras executar a primeira fase cunha liña principal de tres quilómteros dende o depósito de Vilariño ata Ponte de Brea e Beluso, o concello completará case na súa totalidade o abastecemento en Bealo cunha nova actuación.  O executivo vén  de asinar o contrato para a segunda fase na que se acomepetrán as derivacións ós distintos núcleos de poboación.

Está obra sumarase as executadas tanto nas parroquias como no casco para actualizar a rede e adaptarse a normativa de calidade e salubridade.

Coa execución destas obras, o goberno boirense dá cumprimento a un dos obxectivos programáticos cos que asumiu as rendas do concello hai sete anos.