A escola infantil de Meaño mellora as súas instalacións

VALGA > A escola infantil de Meaño mellora as súas instalacións. A través dunha liña de axudas da Xunta, o centro creou un novo comedor e recibiu novos equipamentos. O investimento roldou os 10.000 euros. A escola infantil de Meaño foi unha das beneficiarias este ano do programa da Xunta que busca mellorar este tipo de instalacións. Ademais da creación dun comedor para os nenos, tamén se renovou parte do valado que pecha un dos patios, incrementando a seguridade na zona. outra das melloras, a instalación dunha pantalla con proxector, busca familiarizar ós alumnos coas novas tecnoloxías xa dende ben cativos. En total, as melloras levadas supoñen un investimento duns 10.000 euros. Dende a Xunta explican que este tipo de intervencións permiten mellora-la calidade do ensino e o benestar dos pequenos que as empregan cada día. Segundo os datos do goberno galego, entre o 2016 e o 2017 destinnáronse dous millóns e medio de euros a mellora-la rede de escolas infantís de toda Galicia.