Música, deporte e actividades para nenos no Nadal da Pobra

    POBRA> O concello da Pobra deseñou unha ampla programación cultural e deportiva para este Nadal. Ademais das actividades lúdicas, desenvolverase un campamento de Nadal e unha ludoteca para facilitar a conciliación familia nestas datas festivas. Ademais do tradicional campamento de conciliación, que inclúe tamén servizo de madrugadores, o concello da Pobra porá en marcha este ano por primeira vez unha ludoteca. Abrirá tódalas tardes en horario de cinco a nove e os sábados pola mañá. A asistencias erá de balde e tan só será preciso presentar un tiquet de compra no comercio local cun valor mínimo de quince euros. Deste xeito contribuirase non só á conciliación familiar senón tamén á dinamización do comercio local. A oferta de lecer para os adultos céntrase principalmente na mñusica cos festivais Folklidarízate e Rocklidarizate que se desenvolverán o día … co fin de recadar fondos para Oncomet. O resto das festas haberá concertos da banda de música, sesión de DJS e pecharase o programa musical o sete de xaneiro co serán galego. O deporte ocupará tamén un lugar destacado na programación navideña que dará comezo este sábado co Open Integrado de Tenis de Mesa organizado por Adeco-dea. Xadrez, remo e fútbol completan a oferta deportiva.