“Feminismo para cambiar o mundo”, un berro de esperanza polas que xa non están

PONTEVEDRA> O Teatro Principal de Pontevedra acolleu hoxe a lectura do manifesto institucional do 8M. Un documento redactado por Susana Pedreira. A xornalista lembrou a todas as mulleres asasinadas pola violencia machista e quixo deixar claro que o feminismo vai cambiar o mundo.

A xornalista Susana Pedreira foi a encargada de dar vida este ano ao manifesto institucional do 8M. Nel, púxose o foco nas 1.082 mulleres asasinadas dende o 2003 pola violencia machista e na importancia de seguir reivindicando alto e forte unha corresponsabilidade no fogar.

Este ano o 8M celebrarase dun xeito moi diferente pola pandemia, así e todo, Susana Pedreira quixo recordar todos os éxitos acadados tras a folga do 2018. Unha xornada que, sen dúbida, foi o punto de inflexión na loita feminista.

Son miles os dereitos acadados ata o de agora grazas a loita feminista pero, Susana Pedreira quixo poñer tamén o foco en todo o que queda aínda por conseguir.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí