A Funeraria San Marcos axuda aos seareiros do Pontevedra a levar a súa paixón ata o final

PONTEVEDRA> Os verdadeiros forofos do Pontevedra Club de Fútbol xa poden levar a súa paixón polo clube ata o final. A Funeraria San Marcos presentou esta mañá un novo vehículo da súa flota: un coche fúnebre pintado, como non podía ser doutro xeito, de granate, a cor do equipo da cidade. Unha iniciativa que encaixa á perfección do eslogan da campaña do Pontevedra deste ano: Todo ao granate.

As verdadeiras paixóns son as que nos acompañan ata o final dos nosos días. Disto tomou boa nota a Funeraria San Marcos coa nova incorporación á súa flota de vehículos: un coche fúnebre pintado de granate, para que os verdadeiros seareiros do Pontevedra Club de Fútbol poidan levar o seu amor polas cores ata o final.

A Funeraria San Marcos é un dos patrocinadores do clube pontevedrés, que interpreta esta iniciativa da empresa como unha mostra de afecto cara a entidade.

Dende a empresa de servizos funerarios sinalan que o apoio ao Pontevedra Club de Fútbol é só un exemplo do respaldo que ofrecen a outras entidades que traballan na cidade.

E é que xa o recolleu o propio lema da presentación deste novo coche: hai cores que sempre se levan no corazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí