Un álbum ilustrado recupera os diarios de Xulio Silva, asasinado polo franquismo

RIBEIRA> A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza vén de publicar un álbum ilustrado baseado nos Diarios de Xulio Silva. Presentarase este sábado en Ribeira co obxectivo de achegar a un público máis amplo as memorias deste ribeirense, fusilado durante a ditadura pola súa labor sindicalista e de defensa dos valores democráticos.

Este sábado verá a luz o álbum ilustrado sobre os Diarios de Xulio Silva que vén de editar a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica. A publicación, que será presentada no Centro Cultural Lustres Rivas, basease nos diarios escritos por Silva mentres estivo na cadea, reinterpretados a través das ilustracións de José Antonio Pérez, Pura Villar e Mónica Paula Montero.  

Coa edición deste álbum, a Comisión reivindica e achega ás novas xeracións a figura deste sindicalista ribeirense, detido tralo golpe de estado do 36 e fusilado no cemiterio de Boisaca en Xaneiro do 37. Ademais de recuperar a súa memoria, divulga o contido das súas memorias, un documento de gran valor histórico.

Ademais desta publicación, a Comisión anunciou a convocatoria do primeiro certame da Memoria Histórica do Barbanza. Haberá premios para os tres primeiros clasificados en cada categoría de 300, 150 e 50 euros respectivamente.