A Fundación Celta e o Atlético Riveira promoven un campus de fútbol base

RIBEIRA> Tralo éxito da primeira edición, a Fundación Celta volverá desenvolver un campus de fútbol base en Ribeira durante este verán. Terá lugar entre o  trinta de xullo e o tres de agosto na Fieteira e está dirixido a nenos de entre catro e dezaseis anos. Os interesados xa poden inscribirse a través da web da Fundación Celta, O prezo da inscrición é de cento trinta euros cun desconto de quince euros para os empadroados no concello e os canteiráns do Atlético Ribeira. Aqueles que se inscriban antes do trinta e un de xuño recibirán unha segunda equipación de regalo. O obxectivo desta actividade é seguir a fomentar a práctica deportiva e os hábitos saudables entre os máis pequenos.  Pola súa parte, dende o concello de Ribeira destacan os valores de respecto, convivencia e deportividade que transmiten estas iniciativas.