Os roteiros de ‘Atrévete a pensar’ convídanos a redescubrir Pontevedra dende o feminismo, a ecoloxía e o espazo público

PONTEVEDRA> Redescubrir a cidade grazas a roteiros con base filosófica. Esta é a novidosa proposta do concello de Pontevedra. Chámase ‘Atráteve a pensar’, unha iniciativa que invita á veciñanza a descubrir lugares máis agochados da vila e a coñecer a súa historia. Serán tres, e terán outros tantos eixos: feminismo, ecoloxía e a consideración do espazo público como un dereito da cidadanía.

Pontevedra convídanos a pensala e redescubrir a cidade. O concello pon en marcha os roteiros ‘Atrévete a pensar’, unha proposta novidosa que se enmarca no programa Efecto PO2.

Os roteiros serán tres e cada un dirixirase a reenfocar a cidade dende tres puntos de vista distintos: o feminismo, os días 13 e 15 de xullo, o ecoloxismo o 20 e o 22 e a consideración do espazo público como un dereito da cidadanía, os días 27 e 29.

Todos os percorridos rematarán cun diálogo entre os asistentes, convidando á reflexión. ‘En pé de igualdade’ será o roteiro que comece este programa.

As actividades serán entre as 8 e as 9 e media da tarde e son completamente gratuítas. Os interesados poden reservar praza no email paseapontevedra@gmail.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí