A reforma da Santiña e a instalación de sensores para o tráfico reciben 2,7 millóns de Europa para Zonas de Baixas Emisións

PONTEVEDRA> Dous novos proxectos do concello de Pontevedra recibirán fondos europeos para saír adiante. Trátase da reforma da Santiña e a instalación de sensores para mellorar o tráfico e desta volta recibirán achegas dos cartos destinados ás Zonas de Baixas Emisións. A contía acada os 2,7 millóns de euros e o goberno local interpreta esta concesión como o respaldo definitivo á terceira vía proposta por Pontevedra para implantar a zona de baixas emisións na cidade.

Máis fondos europeos para proxectos do concello de Pontevedra. Son máis de 2,7 millóns de euros que chegarán á cidade para financiar a reforma da rúa da Santiña e a instalación de sensores para mellorar o tráfico.

Os cartos chegan dende os fondos destinados ás Zonas de Baixas Emisións. Algo que dende o goberno local interpretan como o apoio definitivo á fórmula escollida para aplicar a nova norma: converter toda Pontevedra nunha zona de baixas emisións restrinxindo o tráfico.

Fernández Lores tamén fixo balance da contía de proxectos que se financiarán en Pontevedra con fondos europeos. Dos oito que se presentaron ás convocatorias 1 e 2 dos PIREP e ás das Zonas de Baixas Emisións, concederon financiamento para cinco.

En concreto, o proxecto de reforma da Santiña recibirá unha achega de 1,6 millóns de euros, preto do 90% do orzamento previsto, que acada os 1,8 millóns. En canto ao de instalación de sensores para controlar a mobilidade, os parámetros de contaminación e os fluxos de tráfico na cidade recibirá 1,1 millóns de euros dos 1,5 orzamentados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí