A caída dunha árbore provoca danos nas pistas do Castelo

POBRA> O paso da borrasca Bruno deixouse sentir na Arousa con fortes refachos de vento e abundantes precipitacións. Aínda así, a maior parte das incidencias foron menores a excepción da caída dunha árbore que provocou danos na Pobra. Ademais dos desperfectos nos vehículos particulares, resultou danado o peche perimetral das pistas e algún elemento do mobiliario urbano como farolas. Afortunadamente, dado que o suceso acontecía de madrugada e ninguén transitaba pola zona non houbo que lamentar danos persoais. No resto da comarca, o paso do temporal apenas deixou incidencias agás a caída de contedores e algunhas ramas e árbores en estradas como a que une Boiro e Noia. No que respecta ás precipitacións si provocaron anegamentos en varias vías posto que foron moi abundantes chegando a rexistrarse corenta e tres litros por metro cadrado en Boiro e corenta e un en Lousame. Tralo paso desta forte borrasca, continuará en toda a comunidade a inestabilidade atmosférica aínda que as frontes serán menos activas.