A Xunta leva catro propostas para a ubicación da nova EDAR na ría de Pontevedra

Pontevedra> Sobre esa ampliación da EDAR falouse esta mañá na reunión mantida entre a Xunta, concellos e confrarías sobre  o saneamento da ría. A Xunta propón 4 ubicacións desta EDAR, desas catro opcións viables conclúe que a mellor alternativa é afrontar unha ampliación no actual emprazamento en Praceres.

Xunta, concellos de Marín, Poio e Pontevedra e confrarías das rías de Pontevedra tiveron unha cita na delegación da Xunta co fin de coñecer os últimos avances que dende o Goberno galego están realizando en relación ao saneamento da ría. O primeiro que puxeron sobre a mesa foron os avances no emisario.

O seguinte paso, dixo a conselleira, será a reforma da EDAR de Praceres unha reforma que dende a Xunta queren licitar antes de que remate o ano.

Na xornada de hoxe puxeron 4 alternativas para a nova depuradora, 3 en praceres e unha en a Garandela, un posicionamento que a Xunta puxo enriba da mesa deixando claro que dende o Goberno Galego apostan por unha ampliación da actual EDAR dos Praceres.