RIBEIRA> O PP presentou por vía de urxencia no último pleno unha moción que gardaba relación co proxecto da variante, unha actuación iniciada xa polo anterior goberno para tratar de desconxestionar o tráfico na cidade, e que a día de hoxe está paralizada, á espera de coñecer os resultados do estudo encargado polo Concello hai un ano, sobre as posibles alternativas á dita obra.
Unhas declaracións realizadas polo segundo tenente de alcalde, o socialista Francisco Suárez-Puerta, nas que sinalaba que o alcalde xa dispoñía deste documento, fixeron saltar as alarmas, e os populares intentaron, sen éxito, que o rexedor respondera no pleno sobre este asunto.
A postura mantida polo alcalde, carga de razóns ó PP, que a través da súa voceira, Mariola Sampedro, acusa ó goberno tripatito de falla de transparencia e opacidade.
Dende o PP esíxenlle ó goberno que dé a cara e informe, tanto o principal grupo da oposición como ós veciños, sobre unha actuación que consideran vital para o desenvolvemento futuro do municipio.











