O BNG pide a paralización das obras da depuradora de Castiñeiras

RIBEIRA> O BNG reclama no Parlamento a paralización da construción da depuradora de marisco no porto de Castiñeiras, en Ribeira. Os nacionalistas sinalan que o proxecto non conta cos permisos legais vixentes e que se sitúa no borde do litoral, nun espazo en proceso de rexeneración ambiental.

A deputada e voceira de Pesca no Parlamento Galego, Montse Prado presentou unha pregunta na última Comisión de Pesca relativa á construción dunha depuradora de marisco, que promove unha empresa privada no porto de Castiñeiras. Para a nacionalista  a actuación está a causar unha gran preocupación entre a veciñanza desta parroquia ribeirense, ó levarse a cabo no borde do litoral, e sen contar coa licenza municipal preceptiva e polo tanto, incorrendo nunha ilegalidade. Unha razón máis que suficiente, segundo ela, para pedir a súa paralización.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí