O mercado de Ribeira sufre o quinto roubo en dous anos

RIBEIRA> Os praceiros de Ribeira demandan ó concello a toma de medidas urxentes tras sufrir un novo roubo nas súas instalacións. Tras forzar a porta de entrada, os ladróns levaron algo de diñeiro en metálico e numerosa mercadoría valorada en catrocentos euros. Con este xa son cinco os roubos cometidos no mercado municipal de Ribeira dende que abriu as súas portas hai tan só dous anos. Desta volta, os intrusos forzaron a porta da entrada dende o malecón, causando importantes desperfectos. Unha vez no interior levaron consigo varias caixas de marisco conxelado e algo de diñeiro en efectivo.As mostras tomadas pola policía científica e as gravacións das cámara de seguridade permitiron deter ós autores dos roubos. Sen embargo, a maior parte da mercadoría non puido ser recuperada posto que xa se atopaba desconxelada. Os praceiros agardan que desta volta o concello tome medidas. A principal sería, segundo eles, a instalación de reixas nas dúas entradas.