CALDAS> Este xoves aprobaranse os orzamentos do concello de Caldas de Reis para este 2019. Unhas contas que aumentan lixeiramente as do exercicio anterior, e que neste ascenden a un total de 6,2 millóns de euros. Juan Manuel Rey, alcade do municipio sinala que son uns dos máis sociais dos últimos anos.
O concello de Caldas chegará a este xoves coa RPT aprobada e o texto económico máis importante do ano listo para a súa aprobación; os orzamentos. Un documento que recolle 6,2 millóns de euros para Caldas de Reis.
A cifra que se manexa dende o consistorio para este 2019 é lixeiramente superior a do ano pasado. Melloras de financiamento nos servizos sociais do concello e unha achega de máis de 400.000 euros para o apartado de inversións, que tal e como sinalou o propio rexedor, terán un valor maior preto aos 3 millóns de euros, e financiaranse con cargo a outras administracións como a Deputación de Pontevedra.
Juan Manuel Rey amósase satisfeito co traballo realizado nos últimos meses e fai fincapé en que o pago medio dende o concello sitúase nos 7,3 días, durante o 2018 houbo un remanente de 1,4 millóns de euros.
Inicio CALDAS