O persoal de limpeza comeza as mobilizacións agardando que a empresa negocie para frear a folga

PONTEVEDRA> Primeira mobilización dos traballadores do servizo de limpeza dos hospitais Provincial e Montecelo. Esta mañá, o persoal concentrouse ás portas do Provincial para reclamar á empresa que sente a negociar melloras nas súas condicións de traballo. De non ser así, o 2 de maio comezarán unha folga indefinida.

Os traballadores do servizo de limpeza dos hospitais Provincial e Montecelo iniciaron hoxe o seu calendario de mobilizacións. Fixérono cunha concentración ás portas do primeiro centro para reclamar melloras nas súas condicións laborais. Entre outras cuestións, esixen á concesionaria Acciona que se lles recoñeza a perigosidade no seu traballo.

O persoal recorre ás mobilizacións para intentar desatascar as negociacións. E é que aseguran que a empresa, polo de agora, non fixo ningún movemento.

De seguir así, o vindeiro 2 de maio comezarán unha folga indefinida. Antes, o 27 de abril, teñen prevista unha manifestación polo centro de Pontevedra.

A marcha do día 27 de abril partirá ás 6 e media da tarde dende o Provincial para rematar na Praza da Peregrina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí